INGLÉS

Así acabes de comezar ou leves anos a voltas co inglés, e teñas o nivel que teñas, se estás decidido a mellorar, en Speak Up! podemos botarche unha man. Farémolo independentemente de se o teu obxectivo é aprobar un exame para certificar o teu nivel, cubrir as esixencias do traballo, poder manexarte nunha viaxe ao estranxeiro ou simplemente ter a satisfacción de poder comunicarte nunha nova lingua. 

Sabemos que a aprendizaxe dunha lingua estranxeira pode resultar monótona, aburrida e incluso pesada; por iso queremos ofrecerche unha alternativa lúdica e interactiva para que o collas con ganas e progreses moito máis rápido. 

Incorpórate aos nosos grupos estándar para todas as idades, con clases de 1 h dous días á semana (de luns a venres de 15:30 a 21:30*); os grupos están divididos segundo a idade e o nivel para unha maior personalización. Se o prefires, podes apuntarte ás nosas clases individuais ou en parella para un seguemento todavía máis individualizado, así como a clases de conversación. 

Non o penses máis e redescobre o inglés en Speak Up!

*a excepción do grupo de adultas (venres 18:30-20:00) e o de preescolar, con só 1 hora semanal

Rúa do Home Santo 10, Santiago de Compostela, 15703
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis!