Sobre esta academia
Somos un centro educativo que xorde en 2020, en Santiago de Compostela, a partir da idea de dúas irmás: Carmen (mestra) e Silvia Vázquez (psicóloga). Todas as profesionais de Speak Up! teñen como obxectivo acompañarte no teu proceso de aprendizaxe para garantizar o teu desenvolvemento e o éxito educativo
O que nos caracteriza
En Speak Up! sabemos que é fundamental o papel do xogo e da interacción no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Ademais, buscamos que os/as estudantes aprendan a aprender para lograr os seus obxectivos académicos e profesionais. Ofrecemos unha educación inclusiva e integral
Adaptámonos a ti
O noso trato cos alumnos/as é sempre mediante grupos reducidos ou clases individuais, para unha atención personalizada que permita cubrir as necesidades e capacidades propias de cada estudante.